Expertos de España e Portugal crean a Asociación de Profesionais de Podoloxía Bovina

Uns 50 expertos en podoloxía de España e Portugal reuníronse o 26 de xaneiro en Ribadeo para a asemblea na que se aprobaron os estatutos e se formou a primeira xunta directiva desta nova asociación.

Sinalan que os obxectivos desta unión son a dignificación da profesión do podólogo bovino a través da difusión do seu papel na prevención e control das coxeiras no gando vacún, promover o intercambio de coñecemento e a formación continua entre os seus socios e colaborar con outras asociacións do sector gandeiro para garantir un servizo de maior calidade que inflúa positivamente no benestar animal e na rendibilidade das explotacións gandeiras.
Tamén no marco desta xuntanza se fixou a data da súa primeira asemblea xeral, que se celebrará en Santiago de Compostela o 4 de maio.

Os interesados ??en formar parte do proxecto, aberto tanto a profesionais da podoloxía bovina como a persoas relacionadas co sector do gando e/ou coa industria que estean interesados ??na saúde podal das vacas, poden contactar por correo electrónico 2018.appb@gmail.com.