Este venres volven os Seminarios Online con Vaca TV

Este venres, en Vaca TV retomamos os nosos Seminarios Online e facémolo ofrecendo unha presentación online sobre o ensilado do millo. Para iso, contaremos con Gustavo García, xefe de Producto Maíz y Forrajeras de Limagrain Ibérica, quen enunciará unha exposición sobre os factores a ter en conta para realizar un bo ensilado abordando aspectos como a recollida da colleita e o pisado e o tapado dos silos.

Ao finalizar a súa exposición, haberá unha rolda de preguntas na que os espectadores poderán formular as súas cuestións ao relator deixando os seus comentarios no vídeo.

A emisión comezará ás 12:00 horas e poderá seguirse dende vacapinta.com e dende a nosa páxina de Facebook.