O municipio pontevedrés de Agolada acollerá o vindeiro venres 29 de novembro a V Xornada Técnica sobre Mellora no Manexo do Gando Bovino Memorial Xosé Luis Xacobo, organizada pola asociación Agolada Rural.
O programa conta coa presenza do veterinario Iván Mato (Hipra), que falará da prevención da mamite de orixe ambiental; o director da Escola Internacional de Industrias Lácteas de Zamora, José Luis Calvo, que departirá sobre o sector leiteiro fóra de Galicia –en especial de Leche Gaza, Ganaderos de Zamora–, e o veterinario xenetista Mauricio de los Santos, cuxa exposición se centrará na xenética galega.
A asistencia é libre e gratuíta. A xornada celebrarase no local da Parrillada de Agolada.