Os Seminarios de Vaca TV abordan esta semana unha presentación da orixe, estrutura e oferta académica que ofrece actualmente a Fundación Escuela Internacional de Industrias Lácteas de Zamora (Eilza). Contaremos coa intervención de distintos membros do seu persoal, entre os que se atopan Francisco Prieto (secretario) e Mónica Cubas (coordinadora académica).
Tras a introdución ao funcionamento da escola, a cargo de Prieto, daremos paso a unha rolda de preguntas na que tamén intervirá Cubas. Podedes participar deixándonos vosas dúbidas nos comentarios do vídeo.