Estas foron as 4 mellores propostas do Innov’Space 2019

Estas foron as 4 mellores propostas do Innov’Space 2019

As compañías Aptimiz, Axce, Skov e Tell Elevage recibiron os máximos galardóns do evento.

Hai uns minutos terminaba o acto de entrega dos premios Innov’Space 2019, celebrado no marco do Salon International des Productions Animales (Space) de Rennes (Francia). Nesta ocasión, recibiron a calificación máxima as propostas de Aptimiz (Aptimiz), Wye Breed (Axce), iDol 120 Chill Sensor (Skov) e Tell-Me (Tell Elevage). 

Un ano máis, decenas de expositores presentaron candidaturas ao Innov’Space. De entre as propostas enviadas, foron preseleccionadas as 46 consideradas como máis innovadoras. Tras isto, un xurado multidisciplinar foi o encargado de analizar cada unha delas en profundidade ata dar con aquelas que presentasen as novidades máis interesantes nesta edición.

O Space Rennes continuará durante toda a semana cun interesante abanico de actividades que se poden consultar no seu programa oficial.