Así o confirmou esta mañá a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, na súa visita ás instalacións da Sociedade Agraria de Transformación (SAT) Berlai, en Guntín, onde lembrou que o prazo para solicitar as axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrarias, a creación de empresas para os agricultores mozos e o desenvolvemento de pequenas explotacións está aberto.
A Consellería do Medio Rural primará a aquelas explotacións gandeiras que conten con control leiteiro nesta convocatoria de axudas. Ángeles Vázquez explicou que desta forma “recoñécese o esforzo dos gandeiros de leite na mellora da raza, o correcto mantemento da sanidade animal e, por tanto, a súa contribución ao bo status sanitario da rabaño gandeira galega”.
O prazo para presentar as solicitudes a estas liñas de achegas está aberto ata mediados do mes de abril.