O primeiro día no Space 2018 remata cos premios Innov’Space

O primeiro día no Space 2018 remata cos premios Innov’Space

Hai uns minutos tivo lugar na feira Space de Rennes a entrega de premios de Innov’Space 2018. Nesta ocasión, recibiron a cualificación máxima as propostas de Fournier (Well Floor), Jourdain (Surlock), Rabaud (Lavicole), SRC by Allflex (SenseTime eSense Flex Tag) e WEDA (Válvula de alimentación PV4). Como cada ano, foron moitos os expositores que presentaron candidaturas ao Innov’Space. De entre as proposta enviadas, foron preseleccionadas as 39 consideradas como máis innovadoras. Un xurado multidisciplinar foi encargado de analizar de maneira exhaustiva cada unha delas até dar con aquelas que presentasen as novidades máis interesantes para este ano.

Como xa é habitual, varios membros do noso equipo desprazáronse ata terras bretonas para asistir ao evento e estarán cubrindo dende alí o concurso Prim'Holstein Atlantique que se celebra este xoves.