Entrepinares anuncia unha suba de 15 €/tonelada nos seus próximos contratos

A empresa Entrepinares anunciou que sobe os prezos aos seus produtores para o próximo período de contratos, que van dende o 1 de abril ao 31 de xullo. Desta forma, os produtores que entregan o seu leite a Entrepinares cobrarán 485 €/tonelada de prezo base, cumprindo un mínimo do 3,80 % de graxa e 3,20 % de proteína, o que supón unha suba de 1,5 céntimos por kg.

A décima adicional de proteína cobrarana a 8 €/t e a décima adicional de graxa a 5 €/t.