Encanto Natural vence en Ponte de Lima

O municipio portugués de Ponte de Lima acolleu este domingo a novena edición do Concurso da Raza Frisia do Alto Minho.

O xuíz galego Santiago García Souto outorgou o primeiro dos títulos, o de xata campiona, a Pereira Byway 3M Vanette, da gandería Vilas Boas & Pereira, que tamén logrou o premio de mellor criador. O recoñecemento de xovenca campiona e posterior xovenca gran campiona foi para Encanto Golden Dreams 571, da gandería Encanto Natural.

Esta mesma explotación logrou o premio ao mellor conxunto e ademais o título principal do concurso, o de vaca gran campiona, grazas á súa frisona Encanto Atwood 420, elixida tamén mellor ubre.

Foto: Norberto Gonçalves