Embriovet Embriomarket e ABLN asinan convenio de colaboración

Embriovet Embriomarket e ABLN asinan convenio de colaboración

A compañía galega Embriovet Embriomarket asinou un acordo con Associação para apoio à Bovinicultura Leiteira do Norte (ABLN) de Portugal que permitirá a implantación dun servizo técnico veterinario especialista en biotecnoloxía reprodutiva.

Esta prestación estará dispoñible para todos os gandeiros portugueses, que poderán rexistrar sen incidencias aos animais nados deste programa grazas a unha serie de garantías tanto no transporte de ovocitos e embrións, como no cumprimento de todos os requisitos legais e sanitarios esixidos pola UE, tan e como aseguran ambas partes asinantes.

Desta forma, os aspectos fundamentais do convenio comprenderán o deseño dun programa de formación técnica veterinaria especialista para o desenvolvemento de biotecnoloxías da reprodución para os técnicos da ABLN e a prestación do servizo de laboratorio de fecundación in vitro de Embriovet. Nunha primeira fase, os técnicos de Embriovet realizarán tamén o traballo de campo en Portugal pero, unha vez completada a formación, serán os propios técnicos da ABLN quen realicen esa parte de campo.