Africor Coruña celebrou esta mañá, durante a Feira de Maquinaria Agrícola e Produtos Ecolóxicos (Magreco), a X Poxa de Gando Frisón de Boimorto, coa colaboración deste Concello coruñés.
Vendéronse os 14 animais que saíron á pista, cun prezo medio de 4.025 euros, e o volume de vendas chegou aos 56.350 euros. O exemplar da foto GRANXA_BOADO RAGER RED 92 RED obtivo a maior cotización da mañá, foi presentado pola gandería Granxa de Boado SC, e adquiriuno M.ª Luis López García, de Boimorto (A Coruña), por un total de 4.650 euros.
Resultados completos:
