A 32.ª edición do SPACE, a gran feira das producións animais de Europa, terá lugar do martes 11 ao venres 14 de setembro no recinto feiral de Rennes, a capital da Bretaña francesa.
Unha vez máis, o SPACE reunirá os desafíos dos distintos sectores de produción animal (vacún de leite e de carne, porcino, ovino, caprino, avícola, cunícola e acuícola) e será reflexo da actualidade gandeira, a cal se enfronta a importantes retos nun mundo en constante movemento.
Esta 32.ª edición anúnciase prometedora:
- 1.450 expositores esperados, dos cales uns 500 internacionais procedentes de 36 países.
- 115.000 visitantes profesionais esperados, dos cales 15.000 internacionais procedentes de 128 países.
- A temática deste ano virará ao redor da innovación ao servizo das condicións laborais.
- Máis de 70 conferencias e coloquios programados.
- Presentacións xenéticas de alto nivel: trofeo francés Prim’Holstein, concursos nacionais das razas Parthenaise e Roussin e concursos interrexionais.
- 550 bovinos de 13 razas diferentes sucederanse no gran ring.
- Exposición de 200 animais de dez razas ovinas e caprinas diferentes.