O silvopastoreo nos montes pontevedreses, tema central da próxima reunión da SGPF

O silvopastoreo nos montes pontevedreses, tema central da próxima reunión da SGPF

A sexta reunión de outono da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes terá lugar o venres 25 e sábado 26 de outubro no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán (Pontevedra).

Nesta ocasión, intervirán Joan Alibés (presidente da SGPF), Julia Pérez (xefa do Servizo de Explotacións Agrarias de Pontevedra), Francisco Javier Silva (investigador do CFEA Lourizán), Eloi Villada (SGPF) e Juan Valladares (CIAM), e participarán na mesa redonda Javier Fernández (CMVMC de Meira), Carlos Piñeiro (Pouso da Serra), Roberto Louzán (produtor), Iván González (Ganadería GS) e Albino Piñeiro (Fornelos de Montes).

No referente ás visitas propostas, figuran a CMVMC de Meira (Moaña), a SCG Pouso da Serra (Cangas do Morrazo) e a explotación de razas autóctonas de Roberto Louzán (Cotobade).

Como sempre, a asistencia é gratuíta, máis é necesario inscribirse antes do luns 21 de outubro vía mail (sgpf.galicia@gmail.com) ou telefónica (686 620 154 / 619 032 791).

Ver programa completo