O programa do concurso vacún de Llanera, xa on line!

O programa do concurso vacún de Llanera, xa on line!

O recinto feiral de Llanera (Asturias) acollerá a 44.ª edición do Concurso-Exposición de Gando Vacún do 9 ao 12 de agosto e xa coñecemos o programa completo de actividades.

O venres 10 terá lugar o xulgamento da raza Asturiana de los Valles de tipo normal e as xatas e xovencas de tipo dobre grupa, ademais das xatas e xovencas da raza frisona.

O sábado pola mañá sairán a pista as vacas de Asturiana de los Valles de tipo dobre grupa e as seccións de vacas frisonas comezarán a partir das 14:30 horas. A tarde do sábado haberá un concurso de arrastre de bois e tamén se celebrará a 1.º Poxa de Gando Vacún, a novidade deste ano.

A entrega de premios e a tonada reservaranse para a mañá do domingo.

Programa completo