O novo presidente de Africor Coruña é Fernando Suárez Mouro

O novo presidente de Africor Coruña é Fernando Suárez Mouro

Africor Coruña acaba de comunicar que Fernando Suárez Mouro é o novo presidente da entidade. Fernando Suárez é propietario de Granxa Suárez SC, unha gandería localizada en Campelo, A Baña (A Coruña), con 125 vacas en produción.

O resto da directiva está formada por Andrés Formoso Vázquez, de SAT Fontelas, como vicepresidente; Javier Casas Gómez, da gandería Casas, como tesoureiro; Ramón Bodelo Pichel, de Vieites, como secretario, e J. Manuel Lado Pérez, de Nuveira; Miguel Pazos Núñez, de Serpe, e Adrián Varela Pérez, de Pérez de Vilar, como vogais.