A sede do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de España en Madrid acollerá, este mércores 30 de outubro, a presentación do Museo Vivo e Integrado do Campo e da Locomoción Agraria (Muvicla), ubicado en Trasliste (Láncara, Lugo).
Durante o acto, Marcos Vázquez Marey, promotor da iniciativa, será o encargado de presentar o proxecto e, ademais, terá lugar a mesa redonda `Entender o pasado, mellorar o futuro´, na que participarán Javier Lorén Zaragozano, presidente do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de España; Mariluz Barreiros Ramos, presidenta da Fundación Eduardo Barreiros; Miguel Ángel Viso Diéguez, funcionario do Fondo Galego de Garantía Agraria; Ignacio Ruíz Abad, secretario xeral de ANSEMAT, e Eloy Galván García, exdirector de Same Deutz-Fahr Ibérica.