O I Simposio Recría con Prima retransmitirase mañá en directo

O I Simposio Recría con Prima retransmitirase mañá en directo

Mañá ás 11.00 horas dá comezo en Santiago de Compostela a primeira edición do Simposio Recría con Prima organizado pola compañía de pensos Nanta.

Espérase que asistan presencialmente máis dun cento de persoas entre veterinarios especializados en vacas de leite e clientes pioneiros do seu Programa Prima de recría de xatas. Distintos aspectos do benestar na recría serán abordados polo doutor Leonel Leal (Nutreco), o doutor Fernando Soberon (Nutreco EE.UU.), a doutora Emily Miller-Cushon (Universidade de Florida), o doutor Christian Koch (Hofgut Neumühle) e o veterinario Nacho Peón (Zoetis).

Co obxectivo de facer accesibles as charlas a calquera outro interesado, poderase seguir toda a xornada en directo desde a súa páxina de Facebook Recría Con Prima.