O grupo para o empoderamento feminino no ámbito cooperativo de CLUN ‘Mulleres de Seu’ recibiu o premio AGADER 2018 na categoría Mulleres por contribuír de xeito singular á promoción do medio rural e á xeración dunha sociedade máis dinámica e cohesionada.
Recolleu a distinción, en presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e da conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, a coordinadora do grupo e vicepresidenta de Feiraco, Carmen Rodríguez, asegurando seguir traballando por consolidar esta iniciativa coa que “buscamos a nosa capacitación profesional como empresarias e gandeiras, a formación técnica e emocional, a dignificación do noso papel no ámbitorural e o empoderamento feminino a través da participación na Cooperativa e nos órganos de xestión”.