Israel Flamenbaum conta con máis de corenta anos de experiencia no estudo de sistemas de mitigación de estrés por calor en granxas de vacún leiteiro. Aproveitamos a súa última visita a España, co fin de participar nunha xornada de DeLaval na localidade toledana de Talavera la Nueva, para que nos explicase as causas deste problema, os seus principais efectos nos animais e na xestión das explotacións, e as súas posibles solucións.
A entrevista foi publicada no número 3 da revista Vaca Pinta así como un artigo firmado por el mesmo no que describe tres exemplos de proxectos de refrixeración que supervisou en granxas de diferentes continentes, os cales foron tema da súa exposición na XXIX Conferencia Israelí de Produtores Leiteiros e nos que inclúe un estudo económico para avaliar a rendibilidade da utilización de sistemas de arrefriado dos animais.
Entrevista en revista Vaca Pinta 3
Artigo completo en Vaca Pinta 3