CRISE DA COVID-19

A edición deste ano da Semana Verde adíase a xuño de 2021

A edición deste ano da Semana Verde adíase a xuño de 2021

A Fundación Semana Verde de Galicia acaba de comunicar que a 43.ª edición da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia e os seus certames paralelos (Fecap, Salimat, Turexpo e Festur), previstos do 4 ao 7 de xuño, se pospoñen ao ano que vén. Concretamente, terán lugar entre o 3 e o 6 de xuño de 2021.

No seu comunicado, a entidade feiral explica que causa do adiamento é a situación de alerta sanitaria xerada pola pandemia de Covid-19 e a incerteza da súa evolución a curto prazo, a cal “fai que non sexa conveniente a súa celebración este ano por responsabilidade social e económica con todos os axentes que participan no certame”, pero que esta posposición servirá “para centrar todos os esforzos en facer unha grande edición en 2021, un ano moi importante por ser Xacobeo e cumprirse o 25 aniversario do recinto”.