O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), a Oficina Agraria Comarcal de Carballo e y o CFEA Sergude retoman a xornada demostrativa `Mecanización na horta´ que ía ter lugar o pasado 13 de agosto e tivo que ser aprazada pola situación sanitaria da comarca. Finalmente terá lugar o vindeiro 10 de setembro nas instalacións do CFEA Sergude (Boqueixón).
A cita comezará ás 10:00 horas cunha charla técnica dos equipos que se mostrarán no campo. A demostración da maquinaria será de 11:45 h a 14:00 h e poderán verse en acción unha conformadora dobre rotor, de Forigo; unha fresa invertida enterrapedras, de Forigo; unha acolchadora, de Ferrari; unha plantadora a cepellón sobre film de plástico, de Ferrari; unha sementadora mecánica a chorillo, de Ortomec; un cañón nebulizador de longo alcance, de Ideal; unha binadora mecánica Rotosark, de Oliveraro, e unha trituradora/desfoliadora, de Forigo.
De 16:00 a 18:00 h repetiranse os ensaios para os asistentes que así o demanden.