O CIAM-Agacal celebra mañá en A Capela unha xornada sobre dermatose nodular contaxiosa e os últimos avances nos programas de control gandeiro

O CIAM-Agacal celebra mañá en A Capela unha xornada sobre dermatose nodular contaxiosa e os últimos avances nos programas de control gandeiro

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), celebra mañá en A Capela (A Coruña), no salón de actos da Cooperativa Campo Capela, unha xornada técnica que abordará a dermatose nodular contaxiosa, o uso responsable de antibióticos e os últimos avances nos programas de control gandeiro.

A actividade, que dará comezo ás 16:00 horas, reunirá a especialistas do ámbito veterinario e investigador, así como a representantes da Subdirección Xeral de Gandaría e de asociacións de defensa sanitaria gandeira (ADSG).

O programa inclúe as seguintes intervencións:

  • 16:00-16:25 h. Resistencia aos antibióticos e concepto One Health, por Verónica Gómez Gómez (CIAM-Agacal).

  • 16:25-16:50 h. PRESVET: contribuíndo ao uso responsable de antibióticos veterinarios, por Antonio Montenegro Criado (Subdirección Xeral de Gandería).

  • 16:50-17:15 h. Dermatose nodular contaxiosa, por Ignacio Arnaiz Seco (Laboratorio de Sanidade Animal de Mabegondo, Subdirección Xeral de Gandería).

  • 17:15-17:40 h. Avances no programa sanitario da ADSG Gandosan, por José Antonio Rodríguez Vázquez, veterinario da ADSG Gandosán.

  • 17:40-18:10 h. Pausa café.

  • 18:10-18:40 h. Divulgación de proxectos do CIAM relacionados co gando vacún, por Carmen Calvo Santalla e Luis Vázquez Sande (CIAM-Agacal).

  • 18:40-20:10 h. Mesa redonda e coloquio coa participación de Santiago Martínez Calvo, Antonio Montenegro Criado, Ignacio Arnaiz Seco, José Antonio Rodríguez Vázquez e Luis Vázquez Sande.

Esta xornada busca informar ás persoas implicadas no sector da produción gandeira de vacún sobre os traballos que se están a realizar na liña de investigación C7 da Agacal, concienciar as gandeiras e os gandeiros sobre o uso responsable de antibióticos e a actualización das enfermidades emerxentes transmitidas maioritariamente por mosquitos.

Para asistir é necesario inscribirse nesta ligazón.