O centro de Recría Castro abre as súas portas para recibir as primeiras xovencas

O centro de Recría Castro abre as súas portas para recibir as primeiras xovencas

Unhas cincuenta xovencas procedentes de trinta explotacións da provincia de Lugo convertíronse hoxe nos primeiros animais en entrar polas portas do centro de Recría Castro. 

Neste día de apertura, Rogelio Grille, director do centro, e Darío Campos, presidente da Deputación Provincial de Lugo, presidiron esta tarde un acto co que deron por inaugurado o centro.

O centro ten unha capacidade para 3.000 animais e terá un custo por xovenca e día de 2,39 euros. Neste senso, o presidente da Deputación de Lugo insistiu en que “con este prezo os gandeiros aforrarán custos e non terán que levar a recriar os seus animais a centros de fóra de Galicia. Por suposto, terán prioridade de acceso os gandeiros da provincia e logo os do resto da Comunidade Autónoma”.

Por outra banda, Rogelio Grille explicou o protocolo sanitario e de organización que terán que cumprir as xatas e xovencas que queiran entrar no centro e destacou que “incorporaremos uns 30 ou 32 animais por semana. O exame inicial será moi exhaustivo para garantir os niveis sanitarios co máximo rigor”.