A Escola de Industrias Lácteas de Zamora (Eilza) organiza unha xornada intensiva gratuíta sobre defectos no queixo o vindeiro 21 de abril.
A sesión contará coa clase maxistral de Mucio Furtado, especialista internacional en maduración e director de Soporte Técnico en plantas de queixo para Latinoamérica en IFF - Health & Biosciences, e coa colaboración de Pablo Rivero, tecnólogo de Queserías Entrepinares.
A formación desenvolverase de maneira presencial no Seminario de San Atilano en Zamora e terá unha duración de oito horas.
Despois da apertura institucional, procederase a estudar a formación de ollos en queixos, a produción indesexable de gases, os cristais de lactato de calcio, a reacción de Maillard, a formación de gusto amargo e o proceso tecnolóxico e as problemáticas habituais de queixos Camembert/Brie.
O curso está dirixido a mestres queixeiros, técnicos especialistas, responsables de calidade e a todos os profesionais en xeral do sector que buscan solucións técnicas a problemas relacionados coa maduración dos queixos.