Eilza promove dous certificados de profesionalidade para a elaboración de produtos lácteos

Eilza promove dous certificados de profesionalidade para a elaboración de produtos lácteos

A Escola de Industrias Lácteas de Zamora (Eilza) abre inscricións para dous certificados de profesionalidade 100 % de balde. Un deles céntrase na elaboración de leites de consumo e produtos lácteos e outro diríxese a queixería. A formación está orientada a profesionais e persoass desempregadas do sector lácteo. 

O certificado de elaboración de leites de consumo e productos lácteos ten unha duración de 510 horas, ademais de 80 horas de prácticas en empresas do sector. Comezará o 26 de febreiro e finalizará a inicios de setembro. As prazas están limitadas a quince alumnos e a modalidade é presencial no Instituto Alfonso IX (Zamora).

O certificado de queixería contén 340 horas, ademais de 80 horas de prácticas. A formación empezará o 23 de marzo e acabará o 1 de agosto. As prazas tamién están limitadas a quince alumnos e a modalidade é presencial no Instituto Alfonso IX (Zamora).