A Escola de Industrias Lácteas de Zamora (Eilza) deseñou unha breve enquisa para identificar as necesidades reais de formación entre os profesionais do sector: "Estamos comprometidos co desenvolvemento e a mellora continua do sector leiteiro en España", afirman.
Coas respostas que consigan poderán crear programas formativos máis útiles, actualizados e adaptados aos retos actuais. Cubrir a enquisa non leva máis de cinco minutos.
"Cantas máis respostas obteñamos, máis preto estaremos de ofrecer unha formación adaptada ás necesidades do sector. Xuntos podemos impulsar unha formación eficaz e fortalecer o futuro do sector leiteiro", expresan desde Eilza.