A Oficina Agraria Comarcal de Lugo propón dúas xornadas técnicas para estes días.
A primeira, que leva por título “Granxas de leite. Podemos ser máis eficientes?”, celebrarase o venres 14 de setembro a partir das 10 da mañá no edificio Cactus do Campus Terra da USC en Lugo.
Formulario de confirmación de asistencia
A outra xornada profundará nas posibilidades da rega no millo e celebrarase nos campos de ensaio de Cartelos (Carballedo) e na finca Os Robles da Pobra do Brollón o mércores 19 de setembro.
Esta xornada inlúese dentro do actual Plan de Transferencia Tecnolóxica do agro galego e organízase en colaboración co CIAM e coa fundación José Luis Taboada. Os asistentes terán á súa disposición un autocar que sairá desde Lugo; non obstante, é necesario inscribirse previamente.