Dispoñible on-line a Memoria de Africor Lugo 2019

A Asociación para o Control Leiteiro Africor Lugo  presenta a súa Memoria de actividades, na que sintetiza o labor realizado pola Asociación en 2019.

Ao longo das súas 156 páxinas e 21 capítulos, o libro recompila, entre outra moita información, os servizos que lles ofrecen aos seus asociados, as actividades levadas a cabo, os datos do control leiteiro e os méritos das principais ganderías no seu labor como criadores e produtores de leite da provincia.