A dermatose nodular contaxiosa, tema de apertura este xoves na Xornada de Africor Pontevedra

A dermatose nodular contaxiosa, tema de apertura este xoves na Xornada de Africor Pontevedra

A Asociación Provincial de Gandeiros de Pontevedra para o Control de Rendementos, Africor Pontevedra, promove este xoves a súa xornada técnica nas instalacións de Finca Mouriscade (Lalín, Pontevedra). Para asistir, é necesaria a inscrición previa no seguinte teléfono: 986 580 462.

A dermatose nodular contaxiosa (DNC) será o tema de inicio, despois da inauguración. Do análise das últimas novidades relacionadas con esta enfermidade encargarase Iván Mato, técnico de rumiantes en Laboratorios Hipra.

Durante a sesión, tamén haberá tempo para falar de muxido robotizado, da man de José María Viana, técnico de alimentación en Aira, e de nutrición animal, con Manuel Crespo, director de especialidades en Grupo Soaga.

Para finalizar, Jesús Manteiga, presidente de Africor Pontevedra (presente na foto de portada), clausurará a xornada para dar paso a unha comida.