DeLaval presenta en Francia o novo robot VMS V300, o arrimador Optiduo e a app DelPro Companion

DeLaval presenta en Francia o novo robot VMS V300, o arrimador Optiduo e a app DelPro Companion

Un equipo da revista Vaca Pinta trasladouse a Francia, concretamente á granxa La Motte Comté, en Chémeré-le-Roi (Países do Loira), para asistir á presentación de tres novos produtos da multinacional DeLaval.

Durante o día de hoxe deron a coñecer o novo colocador de comida Optiduo, un arrimador da ración que non só a arrima senón que tamén a refresca ao volver a mesturala e a redistribúe; a app DelPro Companion, que permite integrar no software DelPro calquera dato a través do móbil, e a cuarta xeración do seu robot VMS, o VMS V300, un robot de muxido no que DeLaval estivo traballando durante os últimos anos e que está na súa fase final de desenvolvemento: a proba definitiva en granxas piloto. Unha destas granxas é La Motte Comté, onde tivo lugar durante o día de hoxe a presentación mundial destas tres novidades.

Tras o proceso de ensaio o robot VMS V300 porase á venda no próximo mes de setembro.