As cooperativas socias de Delagro, así como familiares, amigos, provedores, clientes e calquera outra persoa que desexe colaborar están convidados a camiñar xuntos en Santiago de Compostela o vindeiro sábado 8 de setembro por unha boa causa: recadar alimentos para as familias máis desfavorecidas.
Esta iniciativa, organizada por Delagro e a correduría de seguros especializada no sector agroalimentario Ucoga, pretende recadar produtos de alimentación e hixiene básicos, os cales serán doados ao Banco de Alimentos para a súa distribución entre as familias e persoas que máis o necesiten.
A maiores dos produtos que acheguen os asistentes, Delagro e Ucoga comprométense a doar ao Banco de Alimentos de Santiago de Compostela 10 litros de leite por cada participante.
A RUTA
O punto de encontro e inicio da ruta será o aparcadoiro do multiusos Fontes do Sar, onde os participantes depositarán os alimentos que desexen doar e iniciarán ás 10.30 horas o percorrido de aproximadamente 9 quilómetros, para finalizar na Praza do Obradoiro sobre as 14.00 do mediodía. Posteriormente, os asistentes compartirán un xantar tipo cóctel no Hotel Monumento San Francisco.
A inscrición é gratuíta e pode realizarse a través desta web.