Curtis acollerá unha xornada monográfica sobre desenvolvemento rural o vindeiro 14 de marzo

As IV Xornadas do Rural Galego dende Curtis (A Coruña) estarán dedicadas ao desenvolvemento rural. Despois da benvida a cargo do alcalde da localidade, Javier Caínzos, o director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, Manuel Rodríguez Vázquez, ofrecerá unha charla sobre a aposta pola artesanía alimentaria galega.

Rodríguez cederalle a quenda de intervención ao comisionado para o Reto Demográfico do Principado de Asturias, Jaime Izquierdo Vallina, experto en desenvolvemento rural cunha ampla bagaxe profesional ás súas costas. A súa conferencia leva por título “La ciudad agropolitana. La aldea cosmopolita”.

O encontro terá lugar no recinto feiral de Curtis e dará comezo ás 10.45 da mañá. A entrada é gratuíta.

Programa