Acaba de finalizar en Curtis (A Coruña) a III Subasta de Élite de Ganado Frisón organizada por Embriomarket e patrocinada polo concello anfitrión. A xovenca sobre estas líneas, Cundins Miriam Hotline FIV ET, alcanzou o prezo máis alto da poxa: 6.000 euros. Foi adquirida a partes iguais entre Casa Lameiro SC (Rodeiro) e Cerdeiras SC (Touro).
Ao longo da mañá, déuselles saída a 15 dos 17 animais postos á venda, cun volume total de negocio de 48.100 euros.