Conta atrás para a Xornada Africor Lugo-Vaca Pinta

Conta atrás para a Xornada Africor Lugo-Vaca Pinta

A Facultade de Veterinaria de Lugo será o escenario, o vindeiro mércores 4 de marzo de 2026, dunha nova edición da Xornada Africor Lugo-Vaca Pinta, unha iniciativa promovida por Africor Lugo e Vaca Pinta. A participación será libre e gratuíta.

A sesión da mañá reunirá contidos centrados nalgúns dos asuntos que máis preocupan ao sector, como a evolución do seguro de vacún en Galicia, a vacinación como ferramenta de control da mamite e as estratexias para avanzar fronte ao Cryptosporidium, unha das problemáticas sanitarias máis frecuentes nas granxas. O programa tamén reservará un espazo para abordar o deseño de instalacións adaptadas ao robot de muxido e sumará a presentación do libro La guerra por la proteína animal, que correrá a cargo dos seus autores. Tamén se fará entrega de varios recoñecementos aos mellores TFG sobre vacún.

Xa pola tarde, a xornada centrarase no relevo xeracional. Neste bloque presentarase o proxecto Campoastur Next e celebrarase un panel final con experiencias en primeira persoa, no que mozos incorporados ao sector compartirán a súa visión, os retos atopados e as aprendizaxes do proceso de incorporación.

PROGRAMA

10.15 h | Seguro de vacún en Galicia. Unha mellora constante — José Bernardo (Agroseguro)

10.45 h | Presentación do libro La guerra por la proteína animal — Juan Pascual

11.15 h | Pausa para o café

12.00 h | O papel da vacinación no control da mamite — Patricia de Celis (Gescal Veterinarios)

12.30 h | Do quebradizo de cabeza ao control: gañando a batalla ao Cryptosporidium — Laura Elvira (MSD Animal Health)

13.00 h | Deseño de instalacións para robot de muxido — Alberto Jurado (COVAP)

13:30 h | Presentación e entrega de premios aos mellores TFG sobre vacún

14.00 h | Comida

15.30 h | Campoastur Next: impulsar o relevo para transformar o futuro do campo — Rubén López (Campoastur) e Saúl González (SAT Xacalen y González)

16.15 h | Panel de experiencias sobre incorporación de mozos: Pablo Rodríguez (Ganadería Xuíz, Bóveda), Laura Camiño (Ganadería Castelo, A Pastoriza), Alberto Cascudo (Finca Carballeira, Castroverde), María Castro (Ganadería Portalousa, Xermade) e Mónica Requeijo (As Vacas dos Meus, Abadín).

Modera: Luís García (EFA Fonteboa)

Programa completo