Conta atrás para o 40.º Concurso Nacional Frisón de Conafe

Conta atrás para o 40.º Concurso Nacional Frisón de Conafe

Do 26 ao 29 de setembro celebrarase no recinto feiral Luís Adaro de Xixón (Asturias) a Feira Monográfica do Campo e as Industrias Agrícolas, Gandeiras, Forestais e Pesqueiras de Asturias AGROPEC, durante a cal terá lugar o 40.º Concurso Nacional da Raza Frisona. O certame está organizado por Conafe, coa colaboración de Asturiana de Control Leiteiro-Asociación Frisona (ASCOLAF) e baixo o patrocinio da Consellería de Desenvolvemento Rural e Recursos Naturais do Goberno do Principado de Asturias, o Concello de Xixón, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a Cámara de Comercio de Xixón, CLAS, Caixa Rural de Xixón e Caixa Rural de Asturias.

Participarán este ano un total de 187 animais (80 de Asturias, 54 de Cantabria, 27 de Galicia, 16 de Cataluña, 5 de Navarra, 4 de León e 1 de País Vasco) chegados de 40 ganderías do país.

Nesta ocasión, o encargado de avaliar aos animais en pista será o xuíz internacional Cord Hordmann, da Asociación Frisona de Alemaña. Propietario dunha explotación con 50 vacas leiteiras, Hordmann foi xuíz noutros certames internacionais en Suíza, Austria, Irlanda do Norte, Suecia, Dinamarca, Luxemburgo e Rusia, ademais de participar como preparador e manexador en eventos como a WorldDairy Expo en Estados Unidos, o Royal Winter Fair en Canadá ou a Swiss Expo en Suíza.

 

O PROGRAMA

O certame dará comezo ás 11.00 horas do sábado coas seccións de xatas e xovencas. Esa mesma tarde, a partir das 17.00 horas, celebrarase o 19.º Campionato Nacional de Manexadores.

O domingo ás 10.00 horas comezará o xulgamento das seccións de vacas, tras o cal terá lugar a elección da vaca gran campiona do certame.

Ver regulamento