A profesora da Escola de Veterinaria da Universidade de Michigan (Estados Unidos) Lorraine Sordillo participou os días 9, 10 e 11 de maio nunha serie de charlas organizadas por Elanco na Península e, con motivo da súa visita, reunímonos con ela para falar da súa actual liña de traballo, da necesidade de reducir o uso de antibióticos nos animais e dos avances en tecnoloxía para diagnosticar enfermidades. A entrevista completa foi publicada no número 3 da revista Vaca Pinta.