Covap xa certifica o benestar animal con Aenor

A cooperativa gandeira de primeiro grao con sede nos Pedroches (Córdoba) Covap xa conta coa certificación Aenor de Benestar Animal nas súas granxas de vacún de leite e porcino, así como nos seus centros de tipificación de vacún e ovino e no de transformación cárnica.

Dende a cooperativa sinalan que foi o seu modelo, polo que levan apostando décadas e que se basea en coidar a calidade dende a orixe, o que lles permitiu recibir este recoñecemento que abarca todo o proceso de produción gandeira.

Ao acto de entrega dos certificados correspondentes acudiu Antonio Pérez Carreño, director de Aenor en Andalucía, quen, acompañando do presidente de Covap, Ricardo Delgado Vizcaíno, percorreu posteriormente parte das instalacións da cooperativa para coñecer de primeira man o proceso de envasado e produción de lácteos e visitou unha das granxas de vacún de leite coas que traballa a empresa.

 

O CERTIFICADO

 O selo de benestar animal de Aenor baséase no acordo europeo Welfare Quality, que estuda o estado das explotacións atendendo a principios relacionados coa alimentación, o aloxamento, o estado sanitario e o comportamento do rabaño.