Convocados por primeira vez os Premios BVDzero España

Seguindo co seu compromiso con axudar á investigación sobre a diarrea vírica bovina e con facer que o virus sexa máis visible para todo o sector a través da achega de casos reais de BVD en todo o país, Boehringer Ingelheim Animal Health España patrocina por primeira vez os Premios BVDzero España.

Outorgaranse cinco premios valorados nun total de 8.000 €. A convocatoria xa está en marcha e pode participar calquera veterinario con exercicio profesional no sector bovino en España enviando o seu caso ao correo electrónico maite.bastero@boehringer-ingelheim.com.

O prazo para a presentación de casos finaliza o 31 de xullo. O comité de revisión das candidaturas, formado por profesionais de renome do sector vacún, seleccionará os casos gañadores en base á presentación e á información e o 15 de setembro darase a coñecer o nome do gañador na páxina web dos premios.

Os interesados poden consultar as bases completas da convocatoria nesta ligazón.