Convocada unha nova edición dos Premios de Investigación Ernesto Viéitez Cortizo

A Real Academia Galega de Ciencias fai pública a convocatoria dos Premios de Investigación Ernesto Viéitez Cortizo correspondente ao ano 2019, co obxecto de promover a investigación e o desenvolvemento nas áreas de coñecemento que nela se integran, a través do recoñecemento académico e social do esforzo dos investigadores.

Institúense dous premios, un dotado con 6.000 euros para un traballo de investigación realizado por investigadores sénior e outro, dotado con 2.000 euros, para incentivar a promoción de novos investigadores menores de 30 anos. O prazo de presentación de candidaturas finalizará ás 13.00 horas do 14 de xuño de 2019.

Máis información da convocatoria