Convocada a segunda edición dos premios “Impulsando Galicia”

Convocada a segunda edición dos premios “Impulsando Galicia”

Esta mañá presentouse na factoría de Larsa en Lugo a II Edición dos Premios Innovación Larsa en Alimentación Saudable “Impulsando Galicia”, convocados conxuntamente pola Universidade de Santiago de Compostela e coa colaboración das Universidades da Coruña e Vigo. Con estes premios, búscase promover a saúde a través da nutrición e dos hábitos de vida saudables, así como fomentar o emprendemento.

Os interesados teñen de prazo para inscribirse ata o 25 de abril e deberán presentar unha proposta inicial antes do 2 maio. Os traballos seleccionados deberán desenvolver posteriormente un prototipo que valorará un xurado conformado por persoal interno da empresa e por dous profesores da USC.

O proxecto mellor valorado recibirá unha dotación económica de 5.000 euros, 3.000 euros o segundo e 1.000 euros o terceiro. Ademais, se Larsa decide levar a cabo algún dos proxectos gañadores, abonará ao autor durante 3 anos a cantidade anual correspondente ao 20 % dos beneficios xerados pola innovación.