A III Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería Abanca Cimag-GandAgro segue a avanzar na súa organización de cara a converterse do 21 ao 23 de febreiro nun efectivo punto de encontro do sector agropecuario. Con este obxectivo celebrouse esta mañá na Feira Internacional de Galicia (Silleda, Pontevedra) unha nova reunión do seu comité organizador, na cal se abordaron diversos aspectos, como a comercialización, sobre a que se destacaron as súas boas perspectivas para incrementar o número de expositores e superficie respecto á pasada cita e tamén importantes incorporacións de empresas que se produciron ata o momento para esta edición.