USÍAS HOLSTEINS 2019

Coñecemos o programa do próximo concurso frisón de Dos Torres

Coñecemos o programa do próximo concurso frisón de Dos Torres

Apenas falta unha semana para que dea comezo unha nova edición da Feira de Gando Frisón na localidade cordobesa de Dos Torres.

O venres 18 de outubro terán lugar as II Xornadas Técnico Gandeiras Usías Holsteins no pavillón 2T do recinto feiral. Contarán cos relatorios de Paco López-Belmonte, director técnico de AZASA; Juan José Núñez, xerente de grandes contas de Allflex, e Xan Rodríguez, de Alltech. A partir das 22:00 h arrincará o concurso frisón co acto de presentación das ganderías.

O sábado 19, ás 12:30 h, xulgaranse as seccións de xatas e xovencas e desde as 21:00 h, as de vacas. A elección da vaca gran campiona, como vén sendo habitual, será ás 00:00 h. A xuíza do concurso é a canadense Ysabel Jacobs.

Ademais, o programa conta con diversas charlas infomativas, actividades infantís e un concurso de tractor con remolque marcha atrás.

Programa completo