Coñecemos o programa da Xornada de Africor Lugo

A Facultade de Veterinaria de Lugo acollerá o vindeiro 6 de marzo a Xornada Técnica de Africor Lugo.

Na sesión da mañá participarán Manuel Cerviño, de Boehringer, co relatorio “Bovikalc Dry, unha forma máis saudable de abordar o secado”; Juan Cainzos, de Elanco, quen falará de eficiencia; Luis Miguel Jiménez, de Servet Talavera, que abordará o benestar no período seco; e Alfonso Goris, de Clun, que disertará sobre a importancia do plan de recría.

As intervencións da tarde correrán a cargo de Rubén Mosquera, de Aira, que desenvolverá a charla “Plataforma de receita veterinaria electrónica”; Javier López, de Xenética Fontao, cuxo relatorio tratará sobre xenómica, e Laura Elvira, de MSD Animal Health, que explicará as bondades do descornado sen dor.

Programa completo