AZORES, PORTUGAL

Campeã, vaca gran campiona do VI Concurso Micaelense de Outono

Campeã, vaca gran campiona do VI Concurso Micaelense de Outono

O xuíz John Werry (Ontario, Canadá) decantouse pola vaca da imaxe, Campeã, como a mellor entre as máis de 60 participantes na sexta edición do Concurso Micaelense de Outono, celebrado esta fin de semana na illa de San Miguel (Azores, Portugal). Campeã é propiedade de Jorge Alberto Serpa Costa Rita e releva no posto a ORP Atwood Gruta, gañadora das dúas últimas edicións da competición de outono.