San Miguel acolleu esta mañá unha nova edición do Concurso Xuvenil Micaelense

San Miguel acolleu esta mañá unha nova edición do Concurso Xuvenil Micaelense

Hai uns minutos finalizaba no recinto feiral de Santana (San Miguel, Azores) a 13.ª edición do Concurso Xuvenil Micaelense, na que participan xatas de 3 a 6 meses e manexadores de 5 a 13 anos. O xuíz canadense Yvon Chabot concedeulle o premio de campiona xuvenil a Melos Solomon Sabrina, da gandería de Maria Ascensão Melo Fonseca. Manexábaa Manuel Raposo Melo, mellor manexador da súa sección.