O Concurso de Menorca coroa a Binillubet Doberman Princesa vaca gran campiona

Foto: Asociación Frisona Balear
Foto: Asociación Frisona Balear

O polígono industrial A Trotxa, situado en Alaior, municipio de Menorca, acolleu esta pasada fin de semana a celebración da 38.ª edición do Concurso de Gando Bovino Frisón de Menorca. O campionato volveu formar parte da programación da Fira del Camp, o encontro agrario e gandeiro de referencia nas Illas Baleares.

A gandería Binillubet, de Es Mercadal, triunfou con Binillubet Doberman Princesa, que foi coroada como a vaca gran campiona. O exemplar chegou á gran final tras ser designada previamente campiona adulta.

Pola súa banda, Lloch Nou Jax Xupi, da gandería Lloc Nou (Ciutadella), recibiu o premio á xata gran campioa.

O galego Alberto Iglesia, da gandería Rey de Miñotelo (A Pastoriza, Lugo), xulgou a preto de 200 exemplares procedentes de máis de trinta ganderías menorquinas. A Asociación Frisona Balear ocupouse da organización do certame.