Como funciona a nova etiquetaxe sobre a orixe de productos lácteos?

Como funciona a nova etiquetaxe sobre a orixe de productos lácteos?

De acordo co novo Real Decreto 1181/2018, do 21 de setembro, relativo á indicación da orixe do leite utilizado como ingrediente na etiquetaxe do leite e os produtos lácteos, durante os dous próximos anos será obrigatoria a indicación da orixe do leite utilizado como ingrediente na etiquetaxe do leite e os produtos lácteos elaborados e comercializados en España. O obxectivo desta nova medida é aliñarse cos

estándares do resto de países da UE, de acordo co Regulamento (UE) 1169/2011 de información ao consumidor.

Desta maneira, a partir da súa entrada en vigor o 22 de xaneiro de 2019, os cidadáns verán na etiquetaxe destes produtos tanto o país de orixe no que o leite foi ordeñada, como o país no que o leite foi transformada e facilítase así o dereito á elección de compra dos consumidores.

A ETIQUETAXE

Os produtos pasarán a incluír nas súas etiquetas informacións referentes ao país de ordeño e de transformación e á área xeográfica de orixe (países membros ou non membros da Unión Europea). Ademais, de querer facelo, as empresas alimentarias poderán incluír, se procede, datos máis precisos tales como a indicación dunha rexión ou territorio concreto.

Ver infografía explicativa