Comeza a VI Feira Agrícola de Murtosa

Comeza a VI Feira Agrícola de Murtosa

O Parque da Saldida, en Murtosa (Aveiro, Portugal), acolle desde hoxe ata o domingo a VI Feira Agrícola. Organizada polo Concello de Murtosa e as asociacións para o Desenvolvemento da Estación de Apoio á Bovinicultura Leiteira e da Raza Holstein da Rexión Centro, o programa inclúe o Concurso da Raza Hosltein Frisia, que se desenvolverá durante as xornadas do sábado (xatas e xovencas) e do domingo (vacas).

O encontro tamén inclúe actuacións musicais e o Concurso Nacional de Raza Marinhoa.