Esta mañá a 63.ª Reunión Científica da Sociedade Española de Pastos (SEP) deu o pistoletazo de saída coa benvida ao evento, que se levará a cabo ata o 26 de setembro en Lugo. Gran parte das actividades programadas terán lugar no salón de actos da Escola Politécnica Superior (Lugo). O tema principal do encontro, que conta coa colaboración de Vaca Pinta, céntrase nos pastos como elemento vertebrador dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
Ao longo desta mañá terá lugar a inauguración do evento polas autoridades e desenvolveranse diversos relatorios e mesas redondas con grandes expertos. O mércores, ademais de conferencias e coloquios, os asistentes gozarán en horario de tarde de visitas a diversas localizacións. O xoves levaranse a cabo máis visitas técnicas e o día finalizará cunha cea de gala no Restaurante-Hotel Mercure Lugo. O venres 26 a xornada chega ao seu fin con máis charlas e mesas de debate, ademais dunha entrega de premios e do acto de clausura.