Clun doa leite e derivados lácteos a entidades sociais de todo o país

Clun doa leite e derivados lácteos a entidades sociais de todo o país

A cooperativa Clun doou a través das súas marcas Feiraco, Únicla e Clesa máis de 15.000 litros de leite e derivados lácteos e máis de 50.000 iogures e sobremesas lácteas a entidades sociais.

Os destinatarios foron os Bancos de Alimentos de Santiago de Compostela, Rías Baixas e Provincial de Pontevedra; Cáritas de Santa María dos Anxos e de San Xiao de Bastavales, ambas as Brión, así como Cáritas de Moraña e de Caldas de Reis; os Servizos Sociais dos Concellos de Ames, Negreira e A Baña e a Cociña Solidaria de Xerez da Fronteira.

A través desta doazón as marcas de CLUN queren contribuír a axudar ao maior número de persoas no marco da crise sanitaria por covid-19. Desde o decreto de estado de alarma pola crise sanitaria por coronavirus, a cooperativa traballou para garantir a subministración de produto aos clientes e por estar preto dos colectivos máis vulnerables colaborando coas entidades sociais mostra do seu compromiso con Galicia e da súa identidade como empresa socialmente responsable.